Nun pregue de veludo (fagamos comedia)
Da ampla obra de Alexandre Ballester (1934), iniciada coa publicación en 1967 de Siau Benvingut, presentamos hoxe Dins un gruix de Vellut (Facem comedia) -Nun pregue de veludo (Fagamos comedia)-, talvez a súa obra máis coñecida e a única que durante a ditadura franquista foi levada a un escenario comercial. Nun pregue de veludo, que hoxe pode ser considerada como a expresión da desesperación, confirmaba a valía dun autor teatral que revolucionaba o teatro mallorquino do século XX, incorporando nas súas obras a ironía subtil, a mordacidade intelixente e, mesmo, o sarcasmo. A todo isto, Ballester engade "unha riqueza ver bal que utiliza ata o límite sonoro de disonancias e acumulación de fonemas, unhas riquezas extraordinarias de inxerencias escénicas, unha frescura, un equilibrio dra mático e unha capacidade para o humor que non teñen equivalente no noso teatro", en palabras da escritora e crítica Maria Aurèlia Capmany.
Edicions en català · 1
Cerca a bibliotequesCerca a Todostuslibros
- 2002 Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións ISBN 9788497490047 Cerca l’ISBN: bibliotequesTodostuslibrosVeure a Amazon
Fitxa bibliogràfica
- Primera edició en català
- 2002